Wednesday 15 de May de 2024

Operativo o novo paso de peóns que une os dous tramos de Alcalde Marchesi en Ramón y Cajal


A súa ampliación e renovación permite dar continuidade á Rolda Peonil e mellorar a seguridade no cruzamento

O Concello completou a pasada noite a renovación e ampliación do paso de peóns do cruzamento entre Ramón y Cajal e os dous tramos da rúa Alcalde Marchesi. O novo paso ten unhas dimensión de 25 metros de ancho por 20 de longo, o que o converte no máis grande da cidade.

O obxectivo desta actuación é dar continuidade á Rolda Peonil, que transcorre no barrio de Catro Camiños por ambas as partes da rúa Alcalde Marchesi. Deste xeito, mellórase a seguridade viaria, peonil e ciclista. Os traballos consistiron na eliminación da medianeira da calzada e a creación dunha zona de intersección que ocupa o espazo entre ambos os tramos. Instaláronse, ademais, novos sinais verticais e semáforos.